Mars Polar Lander

Sonda de aterraxe marciana da NASA.

Mars Polar Lander, tamén coñecida polo seu acrónimo MPL, foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 3 de xaneiro de 1999 mediante un foguete Delta 7925 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte desde a superficie. O contacto coa sonda perdeuse pouco antes da súa aterraxe.[1][2][3]

Mars Polar Lander
Representación artística de Mars Polar Lander na superficie de Marte.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualPerdida na superficie marciana.[1][2][3]
Data de lanzamento3 de xaneiro de 1999, 20:21 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 7425[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro espacial de Cabo Cañaveral, rampla de lanzamiento 17B[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID1999-001A
Masa290,0 kg[1]
Potencia200 W[1]

Características editar

Mars Polar Lander foi parte do proxecto Mars Surveyor '98, que consistía nun orbitador (Mars Surveyor '98 Orbiter, logo coñecido como Mars Climate Orbiter) e nun aterrizador (Mars Surveyor '98 Lander, a propia Mars Polar Lander). O proxecto pretendía estudar a meteoroloxía marciana e o ciclo da auga e do dióxido de carbono en Marte.[1][2][3]

Mars Polar Lander debería ter aterrizado na zona polar sur do planeta, a menos de 1000 km do polo e cerca da capa polar de dióxido de carbono. A telemetría da nave perdeuse pouco antes da entrada atmosférica, o 3 de decembro de 1999, por causas descoñecidas, e xamais foi recuperada. Mars Polar Lander levaba acaroadas dúas pequenas subsondas, denominadas conxuntamente Deep Space 2, que deberían ter sido exectadas durante o descenso e penetrado na superficie marciana para recoller datos científicos, e que tampouco se comunicaron coa Terra.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (1 de xullo de 2013). "Mars Polar Lander" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2011). "Mars Polar Lander" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mars Polar Lander (MPL)" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS POLAR LANDER" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  5. "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-86422). 21 de xullo de 1999: 5. Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  6. Claude Lafleur (2010). "Mars Polar Lander (MPL)" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar