Marlango
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Marlango é un grupo musical español, influído pola atmosfera musical de Tom Waits, formado en 2002 en Madrid. Os integrantes do grupo son Leonor Watling, Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.
Marlango | |
---|---|
Marlango en Murcia, en 2008. | |
Orixe | Madrid, España |
Período | 2002–presente |
Xénero(s) | Jazz, blues, rock |
Selo(s) discográfico(s) | Subterfuge Records Universal |
Membros | Alejandro Pelayo Leonor Watling Óscar Ybarra |
Na rede | |
www.marlango.net | |
Historia
editarEn 1998, Leonor e Alejandro gravaron unha maqueta con catorce temas para piano e voz onde xa se encontraba o núcleo do que sería o seu primeiro álbum. No invierno de 2002, o neoiorquino Óscar Ybarra, acabado de instalar en Madrid, escoita o material e decide incorporarse ó proxecto. Entre os tres dan forma a un traballo que ve a luz en febreiro de 2004.
Este disco, Marlango, ten influencias que van do rock ó jazz, da música dalgún cabaret de entreguerras á banda sonora dunha película de David Lynch. Despois dun ano de concertos por toda España, Portugal e o Xapón, e de recibir de mans de Pedro Almodóvar un disco de ouro polas primeiras 50.000 copias vendidas, en setembro de 2005 publican o seu segundo álbum, Automatic imperfection, que tamén consegue o disco de ouro en España. En 2006 fichan pola discográfica Universal, coa que publican unha edición especial do seu primeiro álbum, ademais de editalo en moitos países.
O 25 de setembro de 2007 editouse o seu terceiro álbum de estudio The electrical morning.
Discografía
editar- Marlango (2004)
- Automatic Imperfection (2005)
- Selection (2007) (versión estendida do primeiro disco)
- The Electrical Morning (2007)
- Life in the Treehouse (2010)
- Un día extraordinario (2012)
- El Porvenir (2014)
Colaboracións
editar- Arde la calle (Tributo a Radio Futura) (2004): "Semilla negra"
- B.S.O. de Malas temporadas (2005): "Vete"