Mark van den Boogaart

futbolista neerlandés

Mark van den Boogaart, nado en Rotterdam o 3 de setembro de 1985 é un futbolista neerlandés que xoga como centrocampista.

Mark van den Boogaart
Información persoal
Nacemento 3 de setembro de 1985
Lugar de nacemento Rotterdam
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Van den Boogaart comezou a xogar co Feyenoord. Con dezanove anos mudouse a España para xogar co Sevilla FC pero só xogou no terceiro e posteriormente no segundo equipo, o Sevilla Atlético da Segunda División B. Na primeira parte da tempada 2005/06 volveu aos Países Baixos para xogar co FC Dordrecht[1], onde debutou o 29 de setembro de 2006 nun partido como local contra do Helmond Sport (2-0). Por diversas lesións non xogou máis que tres partidos.

Van den Boogaart xogou como cedido co FC Dordrecht, un acordo co Sevilla FC que se prolongou ata o 31 de xaneiro do 2007. O Sevilla FC quixo que o FC Dordrecht pagase por Van den Boogaart o resto da tempada. Mais como Van den Boogaart case non xogou, o FC Dordrecht non aceptou a oferta e volveu a Sevilla para rematar a tempada co Sevilla Atlético. Con iso ascendeu a través dos play-off á Segunda División A.

Mario Been levouno para o NEC, equipo da máxima división neerlandesa, na tempada 2007/08 pero por unha grave lesión non debutou ata a tempada estar xa a rematar e na tempada 2008/09 non logrou a titularidade.

En 2009 regresou a España para xogar co Real Murcia e ao finalizar a tempada volveu aos Países Baixos xogando co BVV Barendrecht[2] e na tempada 2012/13 xogou co Rijnsburgse Boys para pasar na 2015/16 a xogar co AFC[3] e na tempada 2019-2020 co FC Amsterdamse Bos.

Notas editar