Mark de Cornualla

Mark de Cornualla (Latín Marcus, córnico Margh, galés March, bretón Marc'h) foi un rei de Cornualla a comezos do século VI. É coñecido por aparecer nas lendas artúricas e a Materia de Bretaña como o tío de Tristán e marido de Isolda.

Representación do Rei Mark de Cornualla por Howard Pyle (1905).

A lenda editar

Mark mandou a Tristán como apoderado para recoller á súa prometida, a princesa Isolda de Irlanda. Tristán e Isolda namóranse por mor dunha apócema e teñen un romance ás costas do Rei Mark. Este sospeita da traizón e posteriormente coñecerá a verdade. Nalgunhas versións ordena que aforquen a Tristán, quen escapa da morte e rescata á súa namorada do seu confinamento, para ser descuberto posteriormente polo rei. Eventualmente o Rei Mark perdóaos, recuperando a Isolda e condenando ó exilio a Tristán.[1]

Notas editar

  1. "Tristan und Isolde". Consultado o 14 de outubro de 2010. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar