Mark Shuttleworth

nformático e empresario surafricano

Mark Richard Shuttleworth, nado o 18 de setembro de 1973 en Welkom, Suráfrica, é un informático, empresario e turista espacial[1][2][3] surafricano. É o fundador da empresa Canonical Ltd., unha empresa promotora do software libre.

Mark Shuttleworth
Mark Shuttleworth, despois do seu discurso en Linuxtag en Wiesbaden.(2006)
Datos persoais
Nacemento18 de setembro de 1973, (50 anos)
LugarWelkom Suráfrica
Nacionalidadesurafricano/británico
Actividade
OcupaciónInformático e empresario
MisiónsSoyouz TM-34 Soyouz TM-34
Tempo no espazo9 días, 21 horas e 25 minutos
Insignias
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Mark Shuttleworth naceu na vila mineira de Welkom, Estado Libre, Suráfrica, o seu pai é cirurxián e a súa nai unha mestra dunha escola de enfermería. Creceu na cidade do Cabo onde obtivo un BBusSci en Finanzas e información de sistemas na universidade da Cidade do Cabo, vivía no Smuts Hall, ademais participou na instalación das primeiras conexións residenciais de internet na súa universidade.

Traballo Editar

En 1995, o seu último ano na universidade, funda a empresa de seguridade en Internet Thawte, especializada en certificados dixitais e seguridade en internet, que vende en 1999 a VeriSign por 575 millóns de dólares.

Shuttleworth fundou en marzo de 2004 a empresa Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre e código aberto, tamén financiou o proxecto Ubuntu, unha distribución de GNU/Linux baseada en Debian, en 2001 forma a fundación Shuttleworth, sen fins de lucro e dedicada á innovación social que tamén apoia educación gratuíta e proxectos de software libre en Suráfrica, como o Freedom Toaster.

En setembro do 2000, formou HBD Venture Capital, unha incubadora de empresas e provedora de capitais de risco. En marzo de 2004 formou Canonical Ltd., para a promoción e soporte comercial de proxectos de software libre. En decembro de 2009, deixa de ser o director executivo de Canonical Ltd.

Viaxe espacial cara á ISS Editar

 
Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional.

Foi o primeiro africano no espazo e o primeiro turista espacial surafricano. O 25 de abril de 2002, a nave Soiuz TM-34 engalou no cosmódromo de Baikonur cara á Estación Espacial Internacional cunha tripulación formada por tres persoas: o piloto-cosmonauta ruso Yuri Gidzenko como comandante da misión, o cosmonauta-investigador italiano Roberto Vittori e o cosmonauta-enxeñeiro surafricano Mark Shuttleworth.

O segundo cosmonauta "turista" na historia, despois do voo do millonario estadounidense Dennis Tito na Soiuz TM-32, prefire non ser considerado un simple turista, e por iso puxo gran énfase nos aspectos educativos e científicos da súa misión. Levou a cabo experimentos científicos nas áreas de fisioloxía e fenómenos de cristalización, así como outros relativos á investigación das células nai.

Logo de 8 días a bordo da Estación Espacial Internacional (e 10 días de estancia no espazo), a tripulación conformada por Gidzenko, Vittori e Shuttleworth regresou á Terra a bordo da Soiuz TM-33, naquel momento axustada á Estación. A misión da Soiuz TM-34 foi a cuarta que viaxaba á Estación Espacial Internacional e a última de dita variante TM da venerable nave, sendo substituída logo pola Soiuz TMA.

Notas Editar

  1. BBC News Online, ed. (12 decembro 2001). "Nasa makes space tourism U-turn". Consultado o 2 setembro de 2012. approval to plans to make the South African internet millionaire Mark Shuttleworth 
  2. "Space tourist lifts off". BBC News Online. 25 April 2002. Consultado o 2 setembro 2012. South African internet millionaire Mark Shuttleworth is heading for a short stay 
  3. "International Space Station: Soyuz 3 Taxi Flight Crew: Mark Richard Shuttleworth". 4 April 2004. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017. Consultado o 2 September 2012. Mark was born on 18 September 1973 in mining town Welkom, in South Africa's Free State province 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar