Mario Lemina

futbolista francés

Mario René Junior Lemina, nado o 1 de setembro de 1993 en Libreville (Gabón), é un futbolista franco-gabonés, internacional coa selección gabonesa, que xoga para o Southampton FC da Premier League.

Mario Lemina
Lemina nun adestramento co FC Lorient en xaneiro de 2013
Información persoal
Nome Mario René Junior Lemina
Nacemento 1 de setembro de 1993 (30 anos)
Lugar de nacemento Libreville
Altura 1,84 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Southampton
Número 18
Carreira xuvenil
2005–2013 Lorient
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Lorient 14 (0)
2013–2015 Marseille 41 (2)
2015–2017 Juventus 29 (3)
2015–2017 Southampton 23 (1)
Selección nacional
2013 Francia sub-20 6 (0)
2013 Francia sub-21 1 (0)
2015– Gabón 11 (3)
Na rede
Twitter: leminam_13 Instagram: lemsm13 FIFA: 368958 UEFA: 250134357 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de abril de 2018.
Selección: actualizado a 5 de setembro de 2017.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mario Lemina comezou a súa carreira profesional no FC Lorient en xaneiro de 2013,[1] xogou un total de 18 partidos co equipo bretón e pasou ao Olympique de Marseille en setembro dese ano.[2]

O 31 de agosto de 2015 asinou co Juventus de Turín por 1,5 millóns de euros ao inicio e 9,5 miillóns ao remate da tempada.[3]

Selección editar

Participou na Copa do Mundo de Fútbol sub-20 de 2013 coa selección francesa, xogando catro partidos, deles dous como titular. Seleccionado por Gabón para xogar a Copa de África de nacións de 2015, nun primeiro momento rexeitou a oferta[4], mais finalmente acabouna aceptando.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar