Marie Pape-Carpantier
Marie Pape-Carpentier, nada como Marie Joséphine Olinde Carpantier o 11 de setembro de 1815 en La Flèche (Sarthe) e finada o 31 de xullo de 1878 en Villiers-le-Bel (Val-d'Oise), foi unha docente francesa. É recoñecida por loitar contra a inxustiza social e a pobreza, e a favor da educación das nenas.[1] Ademais foi a primeira en dar o paso cara á renovación do ensino infantil en Francia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie Joséphine Olinde Carpantier 10 de setembro de 1815 La Flèche, Francia |
Morte | 31 de xullo de 1878 (62 anos) Villiers-le-Bel, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 12 |
Actividade | |
Ocupación | pedagoga |
Familia | |
Fillos | Madeleine Pape-Carpantier |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Q111080763 , (p.535-537), |
Traxectoria
editarA súa vida estivo dedicada de maneira total á pedagoxía, e fixo posible introducir melloras sobre todo nun sector, o referente ás salas de asilo (escolas de párvulos).[2]
Fíxose cargo durante catro anos dunha sala, A Fleche, con axuda da súa nai, onde se formou como mestra. Á parte dun manual de Cochin en 1833, non existían apenas consellos pedagóxicos sobre as salas de asilo; todo estaba por facer e Marie Pape Carpentier atopou niso o seu camiño.
Inventa modos de ensinar e levar a clase e en 1845 publica a súa primeira obra (Conseils sur la direction des salles d´asile). Logo de lograr fama encárgaselle que dirixa un establecemento onde se forme a mestras de salas, o cal converteríase en Escola maternal.[2]
O seu pensamento madura e leva acabo outra obra: Enseignement pratique dans les écoles maternelles ou premiéres leçons a donner aux petits enfants suivies de chansons et de jeux por la recréation de l´enfance ("Ensino práctico das escolas de párvulos, ou primeiras leccións para os nenos, con algunhas cancións e xogos para o seu recreo"). Onde recomenda un ensino metódico que respecte as necesidades do neno e interésase polos aspectos relativos á educación do neno e á súa propia preparación. Non esixir a un neno actividades para as que non estea preparado. Débese respectar a súa dignidade e espertarlle valores morais e gusto polo traballo, ademais de proporcionarlle afecto.
En 1874, os partidarios do ensino católico, puxéronse en contra (xa que o ensino debía ser profundamente relixioso), foi despedida polo ministro Cummont.[2] Debido á indignación do seu despedimento, xa que gozaba dun certo recoñecemento, foi integrada no seu posto a título de Inspectora Xeral.
Morreu en 1879, dous anos antes de que se cumprise o seu desexo, o de substituír oficialmente en Francia a denominación de escolas de asilo pola de escolas maternais.
Obras
editar- Conseils sur la direction des salles d’asiles, 1846.
- Méthode d’enseignement et d’éducation et exercice, 1847.
- L’histoire d’un grain de sable (modération dans le désir. Sage lenteur de la providence).
- L’enseignement pratique dans les écoles maternelles, 1849.
- L’économiste Français, 1859.
- Histoires et leçons de choses, 1858.
- Géométrie naturelle, 1861.
- Le secret des grains de sable, 1863.
- Les petites lectures variées pour les enfants des deux sexes, 1863.
No cine
editarA película La Volière aux enfants é unha adaptación da vida de Marie Pape-Carpentier.[3]
Notas
editar- ↑ María Fe de Juana Niño (setembro de 2012). «De la profesionalización de Marie Pape Carpantier, Paulina Kergomard y Susana Brès (Siglos XIX-XX) a la escuela infantil actual.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Pape-Carpentier, Marie. | MUVHE" (en castelán). Consultado o 2022-08-01.
- ↑ AlloCine. "La Volière aux enfants" (en francés). Consultado o 2022-08-01.