Mariano Moreno Serrano
Mariano Moreno Serrano, nado en Madrid o 6 de xaneiro de 1940, foi un xogador e adestrador de fútbol.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1940 (84 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | adestrador de fútbol |
Deporte | fútbol |
Traxectoria
editarComo xogador militou no Plus Ultra e outros equipos de Madrid pero colgaría as botas moi xove por unha lesión na columna vertebral e a comezos dos anos setenta converteuse no adestrador máis xove da Primeira División
Comezou a adestrar no ano 1964 en Rexional dirixindo durante tres tempadas ao Perkins-Hispania. Pouco despois o Atlético de Madrid contrataríao para dirixir ao equipo xuvenil pasando ao pouco tempo a ser o segundo do adestrador do primeiro equipo, Marcel Domingo.
Con 31 anos ficha polo Burgos, acabado de ascender a Primeira División, e un ano despois polo Sporting de Xixón tamén na máxima categoría.
A comezos de xullo de 1974 ficha polo Celta de Vigo, que axudado pola lesión dalgúns dos xogadores máis importantes acaba descendendo a Segunda División. Pese ao descenso Mariano renova o seu contrato co equipo celeste, porén na novena xornada presenta a súa dimisión. Sería substituído por Pepe Villar de maneira interina e definitivamente por Carmelo Cedrún, que conseguiría o ascenso a Primeira tras 19 encontros sen coñecer a derrota.
Tras deixar ao Celta Mariano Moreno dirixiría ao Cádiz e Tenerife.
Despois foi membro instrutor do cadro técnico da FIFA, seleccionador en categorías inferiores e da selección olímpica, director de fútbol do COON-92 e dirixiu a Escola Nacional de Adestradores.