Mariam Ferreiro

política galega

María Ángeles Ferreiro Vidarte, coñecida como Mariam Ferreiro e ocasionalmente escrita como Marián Ferreiro, nada en Lourenzá en 1951, é unha política do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaMariam Ferreiro
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Lourenzá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Profesionalmente, traballa no Centro de Planificación Familiar da Coruña, cidade na que viviu as últimas décadas.

En 1999 figurou na lista do PSdeG-PSOE aos comicios locais na cidade da Coruña, lista que encabezaba Francisco Vázquez, e resultou elixida. Foi concelleira de Infraestruturas na Coruña no equipo de Vázquez ata que foi destituída.

Despois dun tempo apartada da primeira fila política, en 2012 figurou de número sete na candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións galegas, e aínda que non resultou elixida, as sucesivas dimisións de persoas que a precedían na lista fixeron que a finais de 2015, con menos dun ano de lexislatura por diante, se convertese en deputada no Hórreo en substitución de Beatriz Sestayo.

En 2012 tamén foi elixida secretaria de Emigración e Inmigración na Comisión Executiva do PSdeG, no seu congreso de Santiago de Compostela, pero non continuou no posto en subseguintes executivas.