Maria Quitéria de Jesus, coñecida como Soldado Medeiros,[1] nada en Feira de Santana o 27 de xullo de 1792 e finada en Salvador o 21 de agosto de 1853, foi unha tenente e heroína nacional brasileira. Serviu na Guerra de Independencia do Brasil en 1822–23 vestida de varón. Foi ascendida a cadete e tenente e condecorada coa orde imperial. Alcumada a "Xoana de Arco brasileira",[2] converteuse nunha figura lendaria nacional. Quitéria foi a primeira muller que serviu nunha unidade militar do Brasil.[3]

Modelo:BiografíaMaria Quitéria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Maria Quitéria de Jesus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1792 Editar o valor en Wikidata
Feira de Santana, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte21 de agosto de 1853 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Salvador, Brasil Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja do Santíssimo Sacramento e Sant'Ana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio do Brasil Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Brasileiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militaralferes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Independência do Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Maria Quitéria de Jesus naceu o 27 de xuño de 1792 en Licurizeiro, na parroquia de São José das Itaporocas (actualmente en Feira de Santana), Baía. Foi a filla máis vella do granxeiro Gonçalo Alves de Almeida e da súa esposa, Quitéria Maria de Jesus.[4] Aínda que Maria non recibiu educación formal, practicou as habilidades necesarias para a granxa, como cabalgar, cazar e usar armas de fogo, habilidades que tamén lle serviron no exército.

En contra dos desexos do seu pai, Maria Quitéria, aínda solteira, alistouse no exército brasileiro como varón en outubro de 1822. Ata xuño de 1823 loitou en varias batallas contra os portugueses en Baía, onde vivía. O seu pai desvelou que era unha muller cando descubriu que o traizoara, mais permitíronlle continuar na loita polas súas habilidades no combate. Foi ascendida a cadete en xullo de 1823 e a tenente en agosto, cando foi recibida e condecorada polo emperador.[5]

Coñécense poucos detalles confirmados sobre a vida de Maria Quitéria. O historiador Aristides Milton, amigo de infancia do poeta Castro Alves, neto do maior que defendeu a Maria Quitéria pola súa habilidade coas armas e a súa recoñecida disciplina militar, e que a incorporou nas súas tropas, considera a Maria Quiteria "unha data tan valente como honrada" en Ephemerides Cachoeiranas. Foi mencionada brevemente pola autora inglesa de viaxes Maria Graham (máis adiante Lady Callcott) no seu libro Journal of a Voyage to Brazil:

Maria de Jesus é iletrada, pero vivaz. Ten unha clara intelixencia e aguda percepción. Penso que se a educasen, se convertería nunha personalidade notable. Un non observa nada masculino na súa conduta, máis ben ela ten formas xentís e amigables.[6]

Logo do tempo que serviu na guerra, Quitéria casou co seu antigo amante Gabriel Pereira Brito e tivo unha filla con el chamada Luisa. Quitéria, xa viúva, faleceu en 1853 nunha escuridade e pobreza relativa preto de Salvador.[7]

Legado

editar

Despois da súa morte, Maria Quitéria foi lembrada en todo o país de diferentes formas. En 1953, cen anos despois da súa morte, o exército emitiu unha medalla de bronce que levaba a imaxe da militar. A denominada "Medalla de Maria Quitéria" foi emitida tanto para civís como para persoal militar por contribucións de valor aos esforzos militares. Por decreto presidencial de 1996 Maria Quitéria foi proclamada Patroa do Quadro Complementar de Oficiais do Exército Brasileiro.[5]

O cadro máis coñecido de Maria Quitéria é unha obra do pintor italiano Domenico Failutti de 1920. Móstraa de pé, soa, sostendo un rifle e levando o uniforme de tenente brasileiro. A obra localízase no Museu Paulista da Universidade de São Paulo.[8]

  1. Medeiros, como erroneamente colocan no seu nome, era o sobrenome do seu cuñado, que ela adoptou como disfrace para alistarse nas tropas. Os seus pais foron Gonçalo Álvares de Almeida e Quitéria Maria de Jesus, non tendo nada que xustifique o sobrenome.
  2. "A História e Biografia de Maria Quitéria". História. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015. 
  3. "Quiteria fought for the army, but 120 years later women were admitted". 
  4. Vainfas, Ronaldo, ed. (2002). "Maria Quitéria". Dicionário do Brasil Imperial (1822-1889). Río de Xaneiro: Editora Objetiva. pp. 523–525. 
  5. 5,0 5,1 "Dnn4174". www.planalto.gov.br. Consultado o 23 de abril de 2017. 
  6. Soares, Nara Marques. "Maria Graham Callcott: revisão bibliográfica e considerações sobre sua escrita" (en inglés). 
  7. "A História e Biografia de Maria Quitéria – A História". www.ahistoria.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 23 de abril de 2017. 
  8. "Home | Museu Paulista". www.mp.usp.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 23 de abril de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Almeida, Norma Silveira Castro de; TANAJURA, A. Rodrigues Lima. José Antônio da Silva Castro - o Periquitão. Salvador: EGBA, 2004. ISBN 85-903965-1-7
  • Amaral, Braz do. História da Independência da Bahia. Salvador: Livraria Progresso Ed., 1957.
  • Júnior, Pereira Reis de. Mária Quitéria. Rio de Janeiro: Rio de Janeiro, 1953.
  • Lima, João Francisco de. A Incrível Maria Quitéria. São Paulo: Nova Época, 1977.
  • Mendes, Bartolomeu de Jesus. A Festa do Dois de Julho em Caetité - do cívico ao popular. Caetité: Gráfica Castro, 2002.
  • Palha, Américo. Soldados e Marinheiros do Brasil. Rio de Janeiro: Biblioteca do Exército-Editora, 1962. p. 47-51.
  • Silva, Joaquim Norberto de Souza. Brasileiras Célebres (ed. fac-similar). Brasília: Senado Federal, 1997.
  • Souza, Bernardino José de. Heroínas baianas.
  • Tavares, Luís Henrique Dias. História da Bahia. Salvador: UNESP; São Paulo: EDUFBA, 2001.

Ligazóns externas

editar