Margarida Vázquez Veras
Margarida Vázquez Veras, nada na Coruña en decembro de 1954, é unha política nacionalista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | decembro de 1954 (69 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarEstudou no Instituto Social da Muller o bacharelato superior administrativo e, aos 17 anos, comezou a traballar na súa profesión, militando en organizacións do nacionalismo desde o ano 1974. Foi detida en agosto de 1975.
Foi a primeira presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda[1] e presidiu a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e comarca, nos anos oitenta. Presidenta do Comité de Empresa no seu centro de traballo. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidata a concelleira da Coruña en representación da coalición electoral BN-PG, non resultando elixida, pero tomou posesión como concelleira en abril de 1980 para substituír o seu compañeiro Xan Pombo Seoane.[2] Participou na fundación do BNG.
No ano 1999 incorporouse de novo á actividade municipal, sendo elixida concelleira no Concello da Coruña e deputada provincial da Coruña en representación do BNG. Foi concelleira de Igualdade e Participación Cidadá no Concello da Coruña. En marzo de 2012 abandonou o BNG.[3]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 22-9-1976, p. 24.
- ↑ La Voz de Galicia, 19-4-1980, p. 46
- ↑ La Voz de Galicia, 3--3-2012, p. 11.