Marcus Chong
Marcus Chong, nado o 8 de xullo de 1967 como Marcus Wyatt[1], é un actor estadounidense famoso polo seu papel como "Tank" no filme de ciencia ficción Matrix.
Marcus Chong | |
---|---|
Nome completo | Marcus Wyatt |
Nacemento | 8 de xullo de 1967 (54 anos) |
Lugar | Seattle, Estado de Washington, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Pai | Tommy Chong |
Profesión | actor (1978-presente) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O pai biolóxico de Marcus Chong, Martin Wyatt, fora un reporteiro local na área da Baía de San Francisco por moitos anos. Chong foi entón adoptado e criado polo actor e comediante canadense Tommy Chong e criado como un medio-irmán coa actriz Rae Dawn Chong.
O seu comezo como actor foi na serie televisiva Roots: The Next Generations como Frankie Warner. Logo foi a Broadway en "Stand-Up Tragedy" con Jack Coleman.
A comezos de 1990 interpretou o protagonista "Miguel Mendez" na serie de televisión Street Justice. Máis tarde, apareceu na serie Vanishing Son como Fu Mer Johnson e tamén tivo unha personaxe birracial de ascendencia americana / chinesa africana na terceira tempada da serie de televisión Law & Order: Special Victims Unit.
Marcus Chong interpretou a "Tank" Matrix e tamén protagonizou o filme Panther como Huey P. Newton en 1995.
Recentemente completou a súa primeira novela titulada "The Arch" (www.thearchnovel.com) con base na súa experiencia con Matrix e un dos seus heroes, Alexandre Dumas.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmreference.com (en inglés)
NotasEditar
- ↑ "Marcus Chong Biography on filmreference.com". Consultado o 2007-05-28.