Marcos Viturro

técnico xurídico, escritor e actor galego


Marcos Viturro Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un escritor e actor galego máis coñecido como Marcos Viturro.

Infotaula de personaMarcos Viturro Gómez
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , actor , xurista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Escola de música creativa Drops desa cidade. Traballa como Técnico xurídico da Administración Local e colabora con proxectos ligados ás artes escénicas. Foi o gañador do primeiro premio do III Certame Minicontos de Outono,[1] organizado polo Centro PEN Galicia e o semanario extinto De luns a venres, co microrrelato Axuste de cornos. Publicou a súa primeira novela en 2018, titulada Patadas na boca.

Obras editar

  • Axuste de cornos[2] (microrrelato, publicado en De Luns a Venres, N.º 1.373)

Interpretación editar

Teatro editar

  • As ondas das pedras no río[3][4] (2018), do dramaturgo Fernando Dacosta, coa Aula de Teatro Universitario de Ourense.

Audiovisual editar

  • Serramoura[5] (2020) Voz audiovisual / Televisión de Galicia (capítulos 159, 160, secundario).
  • Trampitán (curtametraxe, protagonista, 2017) dirección Luis Estudillo e Gonzalo Fdz. de Córdova.

Notas editar

  1. De Luns a Venres (2013-03-03). "Marcos Viturro gaña o certame 'Minicontos de Outono', promovido polo Centro PEN e 'LV'". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  2. Yumpu.com. "2 hoxe VEN.07.06.2013 < L". yumpu.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-17. 
  3. ""Las ondas de las piedras en el Río" Aula de teatro universitaria de Ourense. El Albéitar". León Cultural (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  4. vivalugo (2018-03-14). "As tres obras que tes que ver no Festival de Teatro Universitario de Lugo". Viva Lugo (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  5. "'Serramoura'".