Marcos Méndez
Marcos Méndez Moreira, nado en Lugo o 9 de xaneiro de 1976, é un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1976 (48 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, guionista |
Traxectoria
editarLicenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra. Desde o ano 1998 traballa para distintos medios de comunicación nacionais e internacionais, inicialmente como redactor e desde o ano 2010 de maneira independente nos cinco continentes.
Traballou nas redaccións de Atlas (Telecinco) e Antena 3 en Galicia, TVE en Madrid, así como en TVG e Radio Galega. Entre outros traballos televisivos copresentou o concurso de telerrealidade Voga, Voga, Mariñeiro e dirixiu o programa Fórmula Sexta para La Sexta.
Como xornalista independente, traballa para distintos medios escritos e audiovisuais.
No ano 2000, tras cubrir as Olimpíadas de Sydney, informou sobre a inclusión da Muralla de Lugo na lista de Patrimonio da Humanidade para El Progreso de Lugo.
No ano 2021, o seu guión de longametraxe (Os) Anxos foi finalista do premio Daniel Domínguez de guión en galego, organizado pola Asociación Galega de Guionista e a Fundación SGAE.[1]
A súa cobertura da guerra de Ucraína levouno a estar nese país durante 4 meses no ano 2022, labor que continúa no 2023, sendo o único xornalista en cubrir a guerra en galego.[2] Entre outros medios cubriu a guerra para El Progreso, a TVG e Radio Galega, Telecinco, Cuatro, AIL ou Televisión Caracol de Colombia.
Os seus artigos para o grupo El Progreso, recollidos co título xenérico "Sobre o Terreo"[3], publicáronse traducidos ao castelán en xornais como Diario de Navarra, Heraldo de Aragón, Última Hora de Baleares, Diario de Sevilla ou Diario de Léon[4]. Por esta cobertura obtivo o premio da Asociación de Medios de Información no ano 2022.[5]
Premios
editarNotas
editar- ↑ "Finalistas del II Premio 'Daniel Domínguez' de Guion en Gallego". fundacionsgae.org. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Connosco Marcos Méndez, correspondente de guerra, presente en Ucraína desde que comezou o conflito o 24 de febreiro". crtvg.es. 7 de xullo de 2022. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Sobre o terreo". crtvg.es. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Desde Ucrania". diariodeleon.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2023. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Marcos Méndez recibe el premio de Ami por su labor periodística en la guerra de Ucrania". Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Marcos Méndez: reporteiro para El Progreso na guerra de Ucraína". El Progreso. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Los corresponsales españoles en la guerra de Ucrania reciben el premio de la Asociación de Medios de Información por su “indispensable labor”". El País. 1 de decembro de 2022. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2023-04-19). "Marcos Méndez gana el XIX premio José Couso de Libertad de Prensa". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-04-19.