Marco Mengoni
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2023.) |
Marco Mengoni, nado en Ronciglione, Viterbo o 25 de decembro de 1988, é un cantautor italiano.
![]() (2023) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1988 ![]() Ronciglione (Italia) ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , cantante ![]() |
Período de actividade | 2009 ![]() |
Xénero artístico | Música pop e balada ![]() |
Lingua | Lingua italiana, lingua inglesa e lingua castelá ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Sony Music RCA ![]() |
Participou en | |
maio de 2023 | Festival Eurovisão da Canção 2023 (pt) ![]() |
2013 | Festival de Eurovisión 2013 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Páxina web | marcomengoni.it ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarAcadou a fama en 2009 ao gañar a terceira tempada da versión italiana de X Factor,[1] o que lle permiteu asinar un contrato con Sony Music. O ano seguinte foi o terceiro clasificado no 60º Festival da Canción de Sanremo coa canción "Credimi Ancora". En 2010 lanzou os seus dous primeiros EPs e un álbum ao vivo, Re Matto Live, o cal obtivo disco de platino en Italia. Ese mesmo ano converteuse no primeiro artista italiano en gañar o premio ao Mellor Artista Europeo nos Premios MTV Europe Music Awards, recoñecemento que lle volvería ser outorgado en 2015. O seu primeiro álbum de estudio, Solo 2.0, foi lanzado en setembro de 2011.
O 16 de febreiro de 2013 foi proclamado gañador do 63º Festival da Canción de Sanremo coa canción "L'essenziale", coa cal representou a Italia no Festival de Eurovisión en 2013, obtendo a sétima posición. Dez anos despois volveu gañar o Festival da Canción de Sanremo con "Due vite", motivo polo cal volve representar ao seu país no Festival de Eurovisión 2023, celebrado en Liverpool, no cal obtén esta vez o cuarto posto.
Mengoni publicou oito discos de estudio, todos eles éxitos de vendas en Italia e presentes tamén nas listas de Suíza e España. É o primeiro artista italiano da historia en exhibirse no Billboard Film & TV Music Conference dos Ánxeles en 2013. Tamén foi o primeiro artista italiano finalista no Worldwide Act dos premios MTV Europe Music Awards. En 2014 é recoñecido como Mellor Cantante Italiano nos Nickelodeon Kids' Choice Awards dos Ánxeles.
Vive en Milán dende 2013.
Notas
editar- ↑ Andrea Laffranchi (2 de decembro de 2009). "X Factor, vince Marco e va a Sanremo". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 18 de febreiro de 2011.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marco Mengoni |