Marcelo Campanal

futbolista español
(Redirección desde «Marcelino Vaquero González del Río»)

Marcelino Vaquero González del Río, coñecido como Marcelo Campanal ou Campanal II, nado en Xixón o 13 de febreiro de 1931 e finado en Avilés o 25 de maio de 2020, foi un futbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.

Modelo:BiografíaMarcelo Campanal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Marcelino Vaquero González del Río Editar o valor en Wikidata
13 de febreiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de maio de 2020 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Avilés, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecardiopatía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata - 1969 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1950–1966   Sevilla FC 349(2)
1966–1967   Deportivo da Coruña 16(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1952–1957   España 11(0)

BNE: XX1634595

Traxectoria

editar

Sobriño do histórico futbolista do Sevilla Guillermo Campanal, este levouno para a capital hispalense despois de que comezase a destacar na canteira do Avilés.[1] Na tempada 1950/51 debutou co Sevilla na Primeira División, nun partido contra o Athletic Club, e xa non abandonou a titularidade durante a seguinte década. Co equipo andaluz disputou a Copa de Europa e a Recopa de Europa, e sumou un total de 403 partidos en 16 tempadas, ata converterse no futbolista con máis partidos na historia do club naquel momento. Marcou só tres goles, fronte a Espanyol, Deportivo da Coruña e Valencia.

Na tempada 1966/67 fichou polo Deportivo da Coruña, no que participou en 16 encontros e anotou un gol. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na tempada 1967–68 permaneceu no club galego, campaña na que volveron a Primeira División como campións do Grupo I, participando en 22 partidos.

Na tempada 1968–69 xogou no Real Avilés, en Terceira División.

Palmarés

editar
Deportivo
  1. "Marcelo Campanal, III Dorsal de Leyenda" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar