Marcelino Salgueiro
médico e escritor galego
Marcelino Salgueiro Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1940, é un médico e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor |
Traxectoria
editarFoi forense e médico na Estrada. Profesionalmente exerce como pneumólogo. A súa tese de doutoramento foi La Curva "Washin" de helio, su utilidad en el estudio de la distribución ventilatoria en sujetos normales no fumadores y fumadores. Como escritor, entre outros traballos, publicou a novela O escrutador en 1995.
Obras
editar- O escrutador, 1995.
- Volframio, música e profecías, 2015.[1]
- El ataud vacante, 2016.