María Loureiro García (economista)

economista

María Luz Loureiro García, nada na Pontenova en 1972, é unha economista e catedrática no Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela.[1]

María Loureiro García
Nacemento1972
Lugar de nacementoA Pontenova
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do Estado de Washington
Ocupacióneconomista e investigadora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, cun máster e doutoramento pola Washington State University (EUA). Anteriormente foi profesora na Universidade Estatal de Colorado (EUA) e profesora visitante na Universidade Carlos III de Madrid, volvendo á USC da man do Programa Ramón y Cajal en 2004, onde agora é catedrática.[2]

O seu campo de especialización é a economía ambiental e dos recursos naturais, e é a directora científica de ECOBAS, Centro de Investigación Interuniversitario, integrado por investigadores das tres universidades galegas no eido das ciencias sociais.[3]

En 2022 ingresou como académica numeraria da Real Academia Galega das Ciencias na sección de Ciencias Económicas e Sociais.[4]

Nunha recente entrevista declarou "A Universidade debera ser un dos lugares máis paritarios do mundo, no senso de que as boas ideas téñenas tanto homes coma mulleres. Agora ben, as implementacións das ideas parece estar máis apoiada cara os homes que cara as mulleres e iso é certo". [5]

Notas Editar

  1. Redacción (2022-02-10). "La economista pontenovesa María Loureiro, nueva académica de la RAGC". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-02-12. 
  2. "Decembro 2019: "Políticas climáticas, big data e economía"". Consultado o 2022-02-12. 
  3. "Inicio". ECOBAS. Consultado o 2022-02-12. 
  4. Redacción (2022-02-10). "A Real Academia Galega de Ciencias incorporará cinco académicas en 2022". GCiencia. Consultado o 2022-02-11. 
  5. Rodríguez, Javier H. (2022-11-08). "María Loureiro: "O estigma do 'Prestige' fixo que ninguén quixera peixe da costa galega"". GCiencia. Consultado o 2022-11-12.