María José Fernández Díaz
María José Fernández Díaz, nada no Valadouro en 1971, é unha farmacéutica e política galega.
María José Fernández Díaz | |
---|---|
Nacemento | 1971 |
Lugar de nacemento | O Valadouro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | farmacéutica e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Farmacéutica e enxeñeira técnico forestal, é presidenta dunha asociación de produtores de madeira. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidata de TEGA ao concello do valadouro e foi elixida concelleira. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura Unión Democrática Independente do Valadouro (Udival),[1] e volveu ser elixida concelleira. Udival non presentou candidatura ás municipais de 2015.[2] Udival volveu presentarse ás municipais de 2019 encabezada por María José Fernández,[3] que volveu ser elixida concelleira. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura de Udival e a pesar de ser a única elixida da lista, foi investida alcaldesa co apoio do PSdeG-PSOE e BNG.[4]
Predecesor: Edmundo Maseda Maseda |
Alcaldesa do Valadouro 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |