Nones Araújo
Mestra e escritora galega
(Redirección desde «María Dolores Araújo»)
María Dolores Araújo, máis coñecida como Nones Araújo, nada en Riós en 1953, é unha mestra e escritora galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Riós, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra , escritora |
Traxectoria
editarDeu clase de Lingua nos anos 70 na segunda etapa de E.X.B. en Vigo e nos últimos anos ata a xubilación no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Xubilada, comezou a escribir e a participar en certames literarios.[2]
Obra
editar- Imaxes roubadas (2022). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-068-7. ePub: ISBN 978-84-1110-064-9.[3] Son vinte e nove historias ateigadas de sensibilidade e tenrura, cunha linguaxe suxestiva que axuda a organizar o relato, que flúe e en ocasións remata de xeito sorprendente.
- A madriña (2023). A Coruña: Hércules Ed. 120 páxs. ISBN 978-84-19754-14-1.
Premios
editar- 2020: 2º premio no VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil con A preñez desiguala.[4]
- 2021: XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo con Imaxes roubadas.[5]
- 2021: Certame Literario Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro, en microrrelatos.[6]
- 2022: Premio Modesto R. Figueiredo por Paseniño... a desmemoria.[7]
- 2022: I premio de Novela Curta "Alén" do Concello de Ares, por A madriña.
Notas
editar- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ Diario, Nós. "María Dolores Araújo gaña o Certame de Narración Curta Ánxel Fole con ‘Imaxes roubadas’". Nós Diario. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ MACEIRAS, JUAN (2020-07-11). "Una historia basada en títulos de películas gana el Concurso de Microrrelatos de Parada de Sil". COPE. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ asociacionescritoras-es. "María Dolores Araújo gaña o Certame de Narración Curta Ánxel Fole con Imaxes roubadas. Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-01-22.
- ↑ "Os Premios Exeria teñen gañadoras". Faro de Vigo. 2021-06-11. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ Nones Araújo gaña o premio Modesto Figueiredo con ‘Paseniño... a desmemoria’