Manyara

Manyara é unha das 26 rexións nas que encontra dividida Tanzania. A súa capital é a cidade de Babati. Na súa zona norte atópase o Lago Manyara. Limita polo norte coa rexión de Arusha, polo nordeste coa rexión do Kilimanjaro, polo leste coa rexión de Tanga, polo sur coa rexión de Dodoma, polo suroeste coa rexión de Singida, e polo noroeste coa rexión de Shinyanga.

Localización da rexión de Manyara en Tanzania.

Posúe unha superficie de 45.820 km² e no 2002 tiña unha poboación de 1 040 461 habitantes.

DistritosEditar

Ten cinco distritos:

  • Mbulu
  • Babati
  • Hanang
  • Simanjiro
  • Kiteto