Rexión de Singida

Singida é unhas das 26 rexións nas que encontra dividida a Tanzania. A súa capital é a cidade de Singida. Limita polo norte coa rexión de Shinyanga, polo nordeste coa de Manyara, polo leste coa de Dodoma, polo sueste coa de Iringa, polo suroeste coa de Mbeya e polo oeste coa de Tabora. Posúe unha superficie de 49.341 km2 e segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 1.090.758 habitantes.

Localización de Singida en Tanzania.

DistritosEditar

Ten catro distritos:

  • Iramba
  • Manyoni
  • Singida Rural
  • Singida Urbano