Manuel Villarnovo Martínez

político galego

Manuel Villarnovo Martínez, nado en Valdoviño en 1941 e finado en Loira (Valdoviño) o 1 de agosto de 2018, foi un político galego.

Infotaula de personaManuel Villarnovo Martínez
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata
Valdoviño, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Loira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Valdoviño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi candidato á alcaldía de Valdoviño pola Candidatura Independente de Valdoviño nas eleccións municipais de 1979 empatando a 5 concelleiros coa UCD e sendo elixido alcalde co apoio do PSdeG. Non se presentou á reelección en 1983, e non volveu a participar en política ata as municipais de 1999, cando foi o número 2 de Unión de Independentes de Valdoviño. Esta formación logrou 3 concelleiros e logrou a alcaldía para o seu candidato, José Antonio Rodríguez Fernández, tralo apoio dos 5 edís do PPdeG e a previa integración dos independentes nesta formación política. Desta forma, foi segundo tenente de alcalde e concelleiro da área de Servizos[1], porén, debido a discrepancias co grupo de goberno renunciou ás súas respondabilidades en xullo de 2001 e pasou ó grupo mixto[2], retirándose definitivamente da política á fin do mandato.


Predecesor:
José Morales Crespo
  
Alcalde de Valdoviño
 
1979 - 1983
Sucesor:
Jesús González Tutor

Vida persoal editar

Casou e tivo 2 fillos. Finou en Loira o 1 de agosto de 2018[3]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Ferrol, 7-7-1999, p.36.
  2. La Voz de Galicia, Ferrol, 29-7-2001, p.9.
  3. Falleció en Valdoviño Manuel Villarnovo Martínez. Fue el primer alcalde en la Democracia

Véxase tamén editar

Outras páxinas editar