Manuel Roldán

xornalista e escritor galego

Manuel Roldán Martínez-Bolaño, nado en Santiago de Compostela en 1906 e finado na Coruña o 2 de maio de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaManuel Roldán
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de maio de 1989 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Roldán López, tenente coronel de Infantaría, e María Pilar Martínez Bolaño, e irmán de Antonio Roldán Martínez. Fixo o Bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela. Foi mestre en Pontedeume, mestre de grao profesional de primeira ensinanza na Coruña, cesando en excedencia forzosa. Despois foi administrador xerente da Tipografía Obrera Nacional-sindicalista, procurador dos tribunais, director da Revista Sindical da Delegación Provincial de Sindicatos, xefe de Protocolo, Turismo e Propaganda do concello da Coruña, funcionario auxiliar da Administración do concello, director da Oficina de Prensa municipal e tesoureiro da Asociación de Prensa da Coruña.

Foi xornalista en Radio Nacional de España en Galicia onde foi coñecido pola súa sección diaria “Comentarios al éter” iniciada en 1940, e a súa herdeira dende 1962 “Suma y Sigue”. Colaborou en El Ideal Gallego, Faro de Vigo, Faro del Lunes, Hoja del Lunes, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Utilizou os pseudónimos Flavio, Xacobus, Félix de Margaride, X.X., Manuel Longueira, R.M., Marinedo, Don Gerión, Furabolos e Amicus.

Finou na Coruña o 2 de maio de 1989.[1]

Obras editar

  • Las colectivizaciones agrarias en Cataluña. Dos años y medio de destrucción de vida y de riquezas, 1940.
  • La Coruña habla... ¡¡Aúpa, Deportivo!!, 1950.
  • El Alcalde Molina, 1959.

Recoñecementos editar

  • Festa da Poesía da Asociación da Prensa de Lugo, 1933.[2]
  • Accésit nos Xogos Florais Hispanoamericanos de 1948 polo seu artigo "Santiago, Caballero".[3]
  • Premio Pérez Lugín, 1968.

Vida persoal editar

Casou na Coruña con Blanca Hervada Sandéliz en abril de 1949,[4] e foi pai de Manuel Roldán Hervada.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-5-1989, p. 28, 65.
  2. El Ideal Gallego, 11-10-1933, p. 2.
  3. La Noche, 6-9-1948, p. 5.
  4. El Correo Gallego, 19-4-1949, p. 2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar