Manuel Rodríguez Rodríguez (relixioso)

relixioso e escritor galego


Manuel Rodríguez Rodríguez, nado en Ribadavia o 16 de novembro de 1898 e finado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1975, foi un relixioso e escritor galego.

Infotaula de personaManuel Rodríguez Rodríguez
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixioso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa formación cos Irmáns Maristas en 1910, congregación na que profesou temporalmente o 22 de marzo de 1915 e perpetuamente o 28 de setembro de 1920. Iniciou a súa carreira como profesor en Ourense en 1915. Ocupou diversas responsabilidades en colexios da súa congregación na Coruña, Tui e Madrid. En 1943 dirixiu en Madrid o Colexio Infanta María Teresa, restaurado por el logo da guerra civil. Mestre nacional, diplomado en Estudos Hispánicos, diplomado en francés pola Escola Superior de Idiomas e Licenciado en Filosofía y Letras. En 1942 dirixiu a revista Orientaciones e foi director da Asociación mundial de Antigos Alumnos maristas. Foi membro fundador da Federación Española de Relixiosos de Enseñanza e cofundador do Consello Superior de Misións en 1940. En 1970 fundou en Santiago de Compostela o Seminario Fontán-Sarmiento de Haxiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia, que dirixiu ata a súa morte no Colexio Maior Gelmirez de Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1975.[1]

Obras editar

  • Breviario de la vida y de la muerte, 1930.
  • Cinco estampas marianas para teatro, 1947.
  • Labor misionera de España en el mundo, 1950.
  • Santa Florentina, 1954.
  • Novena a la madre de Dios del Lodairo, 1956.
  • Fray Jacinto de Ribera, 1960.
  • Hidrotoponimia de la ría de Arosa: Accidentes costeros, emergentes y submarinos con sus coordenadas, 1976.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 29-11-1975, p. 18.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar