Manuel Nieto Rivero

político galego

Manuel Nieto Rivero, finado en Verea o 8 de xuño de 2003, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaManuel Nieto Rivero
Biografía
Morte8 de xuño de 2003 Editar o valor em Wikidata
Verea, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Verea e foi concelleiro da oposición. Nas municipais de 1987 volveu encabeza-la candidatura socialista e foi elixido alcalde grazas ao apoio doutros grupos, pese a se-la terceira forza con 2 concelleiros. Nas municipais de 1991 e 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 foi reelixido con maioría simple e pasou a gobernar en minoría. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2003, sendo sucedido como candidato polo seu compañeiro de goberno Félix Parada Martínez.

Vida persoal editar

Casou e tivo 2 fillos. Puxo fin á súa vida poucos días antes de remata-lo seu mandato como alcalde, o día 8 de xuño de 2003, tras sufrir unha depresión derivada dunha serie de reveses de tipo persoal[1]. A modo de homenaxe, foille adicada unha praza do concello co seu nome.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Antonio Dorado Fidalgo
  
Alcalde de Verea
 
1987 - 2003
Sucesor:
Félix Parada Martínez