Manuel Llorente

empresario español

Manuel Llorente Martín, nado en Benetússer (Valencia) o 25 de xaneiro de 1952, é un empresario español, presidente do Valencia Club de Fútbol entre 2009 e 2013.

Modelo:BiografíaManuel Llorente

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Benetússer, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou Económicas, entrou na empresa valenciana Mercadona, fundada e presidida por Juan Roig e ascendeu nela ata ocupar o cargo de «Director de Tendas».

Chegou ao Valencia CF en 1995 da man de Paco Roig, irmán de Juan e Fernando Roig, para ser o Xerente do club e posteriormente Director Xeral. Coa entrada á presidencia de Pedro Cortés e máis tarde de Jaume Ortí, continuou sendo o brazo executor dos presidentes desde 1999 ata o 2004, xunto a Javier Gómez no departamento económico, conseguiu os maiores éxitos deportivos do conxunto e controlar a débeda do club.

Coa chegada de Juan Soler á presidencia no 2006, de mutuo acordo co Presidente, rescindiu o seu contrato. En febreiro de 2007 pasou a ser Presidente do Pamesa Valencia e Director Xeral, debido ao traspaso de poderes que Juan Roig efectuou ao seu favor.

En xuño de 2009 volveu ao Valencia CF, esta vez como Presidente do club, levando a cabo unha ampliación de capital, dada a grave situación económica do club. O 5 de abril de 2013 dimitiu como presidente do Valencia CF.[1]

Predecesor:
Vicente Soriano
Presidentes do Valencia CF
2009-2013
Sucesor:
Fernando Giner (en funcións)