Manuel Lemus Noya
policía galego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2022.) |
Manuel Lemus Noya, alcumado Loló, nado na Ponte do Porto (Camariñas) en 1932 e finado en Barakaldo o 6 de abril de 1978, foi un policía municipal galego que faleceu asasinado por membros de ETA militar.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 ![]() A Ponte do Porto, España ![]() |
Morte | 6 de abril de 1978 ![]() Barakaldo, España ![]() |
Lugar de sepultura | A Ponte do Porto ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Santurtzi ![]() |
Ocupación | policía ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarEmigrado ao País Vasco, traballaba de policía municipal en Santzurtzi. O 24 de febreiro de 1978, cando saía da súa casa de Bilbao en dirección ao traballo, foi tiroteado dende un coche. O atentado foi reivindicado por ETA militar, quen acusou o policía de pertencer os Lexionarios de Cristo, unha organización de ultradereita. Lemus Noya faleceu semanas despois do atentado, como consecuencia das feridas pulmonares recibidas.
Foi soterrado na Ponte do Porto.