Manuel Lamazares

mestre e político galego

Manuel Lamazares Pardo, nado en Rodeiro en 1931, é un mestre e político galego que foi alcalde de Rodeiro.

Infotaula de personaManuel Lamazares
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
Rodeiro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou estudos de Dereito, sendo procurador. Mestre nacional, estivo destinado en Asturias, e en 1965 pasou á escola da Portela (Rodeiro). Foi nomeado xuíz de paz de Rodeiro. Pertenceu á Frente de Juventudes e militou en Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi nomeado alcalde de Rodeiro polo gobernador civil a principios de abril de 1966,[1] e continuou no posto ata 1998. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse por UCD, obtendo a maioría absoluta. Obtivo sempre a maioría absoluta nas seguintes eleccións, primeiro baixo as siglas AP-PDP-UL e despois co PPdeG ata 1995, o último ano en que se presentou. Foi deputado provincial en outubro de 1989.[2] En 1998 decidiu abandonar a política.


Predecesor:
Javier Hermida Vázquez
  
Alcalde de Rodeiro
 
1966 - 1998
Sucesor:
Eliseo Diéguez García

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 3-4-1966, p. 10.
  2. La Voz de Galicia, Pontevedra, 1-11-1989, p. 25.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar