Manuel Lago Martínez
Manuel Francisco Lago Martínez, nado en Teis (Concello de Lavadores) e finado en Vigo en 1942, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Teis, España |
Morte | 1942 Vigo, España |
Presidente Directorio Antiforista de Teis | |
1908 – valor descoñecido | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Período de actividade | 1908 - 1924 |
Lingua | Lingua castelá |
- Para o artigo do filatelista véxase Manuel Lago Martínez (1917).
Traxectoria
editarFabricante de conservas. Presidente da Sociedad de Agricultores de Teis. O 11 de febreiro de 1908 foi elixido presidente do Directorio Antiforista de Teis. En 1909 asinou, xunto con outros compañeiros do Directorio, artigos e follas de propaganda dirixidas contra os máis famosos caciques urzaístas. Como consecuencia desta campaña foi denunciado por inxurias polos irmáns Eduardo e José Iglesias Añino xunto con Jacinto Crespo, José María Álvarez González, José Antonio Martínez de Vela e Arturo Nieto Lázaro. Xulgados na Audiencia de Pontevedra en 1911, foron condenados a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro a 25 quilómetros de Teis e mil pesetas de multa.[1] Finalmente só foron desterrados Chinto Crespo, Manuel Lago e Arturo Nieto.[2] Estivo desterrado en Marín. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lavadores e foi presidente do Sindicato de Agricultores de Teis (1924). Marchou a Canarias onde foi encargado dunha fábrica de conservas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abrírolle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido por carecer de bens.
Vida persoal
editarCasou con Peregrina Prieto Losada.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Román Lago, Isidro (1998). Os campesiños de Lavadores. Estructura social y articulación política. 1923-1931. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-89976-59-7.