Manuel López Mosquera (Quiroga)
avogado e político franquista galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel López Mosquera.
Manuel López Mosquera, nado en Monforte de Lemos en 1908 e finado o 14 de xullo de 1975, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 Monforte de Lemos, España |
Morte | 14 de xullo de 1975 (66/67 anos) |
Alcalde de Quiroga | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Procurador dos tribunais. Instalouse en Quiroga. Foi xefe de Falange, sendo un dos asinantes da acta de integración. Participou na guerra civil co grao de alférez provisional. En xullo de 1937 era secretario de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Quiroga.[1] No franquismo foi nomeado concelleiro de Quiroga e primeiro tenente alcalde. Foi nomeado alcalde de Quiroga a finais de febreiro de 1964.[2] Foi deputado provincial,[3] e presidente da Comisión de Repoboación Forestal da Deputación. Finou o 14 de xullo de 1975.[4]
Predecesor: Antonio González Regueiro |
Alcalde de Quiroga 1964 - 1973 |
Sucesor: Francisco Teijeiro Fernández |