Manuel González Oliveira

fotógrafo galego

Manuel González Oliveira, coñecido como Porriño, nado en Catoira o 27 de agosto de 1913 e finado en Barcelona en 2002, foi un fotógrafo galego.

Infotaula de personaManuel González Oliveira
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1913 Editar o valor em Wikidata
Catoira, España Editar o valor em Wikidata
Morte2002 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi albanel, traballou na empresa de auga e nunha fábrica de arame. Marchou á Coruña, onde aprendeu o oficio de fotógrafo. Regresou a Vilagarcía de Arousa, onde puxo un pequeno estudo de fotografía cun socio. Coa folga de 1933 foi detido o 12 de decembro acusado de disparar contra uns gardas de seguridade e xulgado en xaneiro de 1934.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que refuxiarse no monte para evitar a morte. Entregouse en novembro de 1938. Foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Estivo preso no Instituto Valle-Inclán de Pontevedra e no penal de Ocaña (Toledo). Foille conmutada a pena a un ano e extinguiuna o 29 de novembro de 1939. Sufriu expediente de responsabilidades políticas iniciado en agosto de 1939.[2] Volveu traballar como fotógrafo en Vilagarcía ata 1987, cando marchou a vivir a Barcelona coa súa filla.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 16-1-1934, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 6-8-1939, p. 6.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar