Manuel Gallego Trapero
Manuel Gallego Trapero, nado en Madrid o 27 de febreiro de 1953, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Manuel Gallego | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Gallego Trapero | ||
Nacemento | 27 de febreiro de 1953 (71 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1973–1975 | Rayo Vallecano | 41 | (1) |
1975–1976 | Atlético de Madrid | 0 | (0) |
1975–1980 | Deportivo da Coruña | 153 | (4) |
1980–1981 | Granada | 5 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Na tempada 1973–74 xogou co Rayo Vallecano en Segunda División, participando en 9 partidos. Na campaña seguinte foi máis regular, participando en 32 encontros (e marcando un gol) no equipo adestrado polo uruguaio Héctor Núñez.
Na tempada 1975–76 formou parte do equipo do Atlético de Madrid que conquistou a Copa do Rei, aínda que non participou en ningún partido.
Na tempada 1975–76 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Na súa primeira campaña como deportivista participou en 26 encontros e anotou 1 gol, sendo un habitual da defensa xunto con Antonio Benlloch e Julio Andrés Pardo. O seu debut produciuse na 6ª xornada do campionato, nunha vitoria fronte ao Gimnàstic de Tarragona (2–0). O seu primeiro gol anotouno en propia porta, nunha derrota fronte ao Burgos CF (1–0) na 9ª xornada. Estivo 5 tempadas no Deportivo, co que descendeu a Segunda División B tras a tempada 1979–80.
Na tempada 1980–81 firmou polo Granada CF, en Segunda División. Co equipo andaluz xogou 5 partidos, descendendo a final de temporada a Segunda División B.
Palmarés editar
- Atlético de Madrid
- Copa do Rei: 1975–76