Manuel Ferraz de Campos Sales
Manuel Ferraz de Campos Sales[1], nado en Campinas (estado de São Paulo) o 15 de febreiro de 1841 e finado en Santos o 28 de xuño de 1913, foi un avogado brasileiro e presidente do Brasil dende o 1898 ata 1902.
Nome orixinal | (pt) Manoel Ferraz de Campos Salles | ||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 15 de febreiro de 1841 Campinas, estado de São Paulo | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 28 de xuño de 1913 (72 anos) Santos, estado de São Paulo | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Tributo a República (pt) Cemitério da Consolação (pt) , quadra 82 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente do Brasil | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Período | 15 de novembro de 1898 - 15 de novembro de 1902 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Antecesor | Prudente de Morais | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Sucesor | Rodrigues Alves | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Faculdade de Direito da Universidade de São Paulo (pt) Universidade de São Paulo | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Brasilia | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | avogado e político | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Partido político | PRP (Partido Republicano Paulista) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua portuguesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Ana Gabriela de Campos Salles | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Elixiuse senador en 1890, pero renunciou ó cargo catro anos despois para concorrer ao goberno do estado de São Paulo. En 1898 elixiuse presidente da República. Naquel ano, a economía brasileira, baseada na produción e exportación de café e caucho non ía ben. Sales xulgou que todos os problemas económicos se debían á desvalorización da moeda. Entón actuou en dúas frontes:
- desenvolveu a chamada politica dos gobernadores. A través desta, concedia favores ós estados, dende que os políticos daquel estado apoiasen no Congreso as accións do goberno central. A politica dos gobernadores tamén ficou coñecida no Brasil na época como politica café con leite, pois os principais estados envolvidos foron Sao Paulo e Minas Xerais (Nota: no Brasil actual, ese tipo de troco de favores entre políticos é coñecido como clientelismo politico). E,
- no plano exterior, estableceu un acordo con banqueiros ingleses, chamado funding loan. Con este acordo, suspendeu por 3 anos o pagamento dos intereses da débeda externa, e por 13 anos o pagamento da propia débeda. Os intereses uomaronse á débeda principal, e os pagamentos comezarian en 1911, co prazo de 63 anos para concluír o pagamento, e intereses de 5% ao ano. Os impostos das aduanas do Rio de Janeiro e de Santos ficarían hipotecados ós banqueiros ingleses, como garantía da débeda. Entón, libre do pagamento da débeda, pode fazer a súa política económica. Retirou unha parte do diñeiro en circulación e valorizou a moeda da época, o mil-réis de 48 mil-réis por libra esterlina para 14 mil-réis por libra-esterlina.
Presidente do Brasil | ||
---|---|---|
Segue a: Prudente de Morais |
Manuel Ferraz de Campos Sales | Precede a: Rodrigues Alves |
PRP (Partido Republicano Paulista) |
Notas editar
- ↑ conforme a norma ortográfica da lingua portuguesa ata 1940, escribíase Manoel Ferraz de Campos Salles.