Manuel Cordeiro Monteagudo

Manuel Cordeiro Monteagudo, nado na Coruña o 19 de xaneiro de 1927 e finado en Buenos Aires o 10 de maio de 2012[1], foi un pintor galego.

Infotaula de personaManuel Cordeiro Monteagudo
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1927 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou os estudos primarios na escola herculina de Francisco Vales Villamarín. Afeccionado ás carreiras pedrestes, foi subcampión fondista. Da man do Real Club Deportivo da Coruña percorreu gran parte de España. En 1952 emigrou a Bos Aires, onde comezou a súa actividade artística. Participou na creación das Mocedades Galeguistas de Bos Aires, e foi fundador do coro "Brétemas e Raiolas". En 1956 representou ao Centro Coruñés na Intersectorial Galega e no Congreso da Emigración de América. Foi uns dos fundadores do "Conxunto Artístico Breogán". Realizou exposicións en Galicia, no Centro Coruñés de Montevideo, o Centro Lucense, Coruñés, Ourensano e Pontevedrés de Bos Aires, Hogar Gallego para Ancianos, e no Centro Galicia e Galego porteños. Tamén fixo estandartes para moitos centros galegos da Arxentina.

Notas editar

  1. "Faleceu en Buenos Aires o pintor Manuel Cordeiro". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2016. Consultado o 11 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar