Manuel Cobas Rodríguez

político galego

Manuel Cobas Rodríguez, nado en Lugo en 1902 e finado no mesmo concello en decembro de 1983,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaManuel Cobas Rodríguez
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dependente de comercio. Membro da UGT, foi secretario do sindicato de Comercio e presidente da Sociedad Instructiva Dependientes Comercio en 1933 e 1935. Afiliado á Agrupación Socialista de Lugo da que foi vogal, foi concelleiro de Lugo polo PSOE en 1936 e nomeado 4º Tenente-Alacalde. Participou nas reunións a favor do Estatuto de Autonomía. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado. detido o 4 de abril de 1940. Xulgado na causa 200/40, foi condenado a prisión temporal. Saíu en liberdade o 15 de decembro de 1941. Nos anos corenta participou no intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña con Luis Fernández del Valle, José Mateo Mariñas Ferrero, Graciano Leivas Freire, Antonio Vidal Vilas e outros. Foi detido con Graciano Leivas o 25 de xullo de 1945 acusado de actividades clandestinas de tipo socialista. Permaneceron na Prisión Provincial de Lugo ata o 29 de agosto, cado foron trasladados á Prisión Provincial da Coruña. Acusados de rebelión, Cobas, Mariñas e Vidal foron condenados a seis meses e un día, e Luís Fernández del Valle foi condenado a nove meses de prisión. Cobas foi novamente trasladado á prisión de Lugo o 24 de maio de 1946, de onde saíu en liberdade o 26 de xuño dese ano. Ingresou outra volta na prisión o 24 de febreiro de 1947 acusado de axudar á guerrilla, xunto a Carmen Ares Fernández. Saíu en liberdade condicional o 10 de abril de 1948.[2] Pertenceu á organización socialista clandestina de Lugo nos anos sesenta, da que foi secretario.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar