Manuel Bugallo Bouzada

futbolista galego

Manuel Bugallo Bouzada, nado en Trabanca Sardiñeira (Vilagarcía de Arousa) o 17 de xullo de 1966, é un exfutbolista galego.

Bugallo
Información persoal
Nome Manuel Bugallo Bouzada
Nacemento 17 de xullo de 1966
Lugar de nacemento Trabanca Sardiñeira
Posición Defensa central
Centrocampista
Extremo
Carreira xuvenil
1979–1981 Tótem FC
1981–1982 Arousa
1983–1985 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1983 Arousa
1984–1988 Real Madrid 1 (0)
1985–1986 Leganés 29 (3)
1986–1987 Cultural Leonesa
1987–1988 Arousa 30 (2)
1988–1989 Arousa 41 (3)
1989–1990 Leixões
1990–1991 Arousa
1991–1992 Cacereño
1992–1994 Xove Lago
1994–1999 Mosteiro
1999–2003 Céltiga
2003–2004 Boiro
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Trabanca Sardiñeira,[1] comezou a xogar ao fútbol aos 13 anos nas filas do Tótem FC vilagarcián, ata que en 1981 pasou ao Arousa, club co que o Tótem mantiña un convenio de colaboración.[2][3] En xaneiro de 1982, con só 15 anos, debutou co primeiro equipo na Terceira División da man do adestrador Juan Manuel Tartilán, afianzándose rapidamente na titularidade. Na seguinte tempada, 1982/83, o equipo rematou segundo e logrou o ascenso á Segunda División B.

En 1983 fichou polo equipo xuvenil do Real Madrid, onde coincidiu cos tamén galegos Rey e Iglesias.[4] No equipo madrileño comezou a xogar como extremo, en vez de centrocampista, posición na que xogaba en Galicia.[4] Na segunda xornada da tempada 1984/85, sendo aínda xuvenil, debutou co primeiro equipo do Real Madrid na Primeira División, nun encontro ante o Sporting de Gijón no Molinón, durante a histórica folga de futbolistas convocada naqueles días.[5] Non volveu vestir a camiseta do primeiro equipo branco e na tempada seguinte foi cedido ao Leganés, co que disputou 29 encontros en Terceira, marcando tres goles e proclamándose campión do Grupo VII. Na tempada 1987/88 volveu saír cedido, desta vez á Cultural Leonesa, coa que logrou o ascenso a Segunda B, ao tempo que realizaba o servizo militar.[6][1]

Para a campaña 1987/88 regresou ao Arousa, cedido polo Real Madrid.[6] Ao remate da campaña recibiu a carta de liberdade do equipo branco e militou no club da súa vila outro ano máis, sumando 80 partidos oficiais neses dous anos, case todos como titular. Pouco despois do comezo da tempada 1989/90 foi traspasado por seis millóns de pesetas ao Leixões da Segunda División portuguesa.[7] Con todo, apenas puido xogar no país luso debido a unha lesión de pube, e volveu ao Arousa, co que disputou a tempada 1990/91.[1]

A continuación rexeitou ofertas de varios equipos e asinou como novo xogador do Cacereño, seguindo ao seu antigo adestrador José Ramón Segura.[8] Tras unha campaña en Estremadura volveu a Galicia, onde xogou dous anos no Xove Lago e cinco no Mosteiro.[9] En 1999 fichou polo Céltiga,[10] no que militou ata o 2003, antes de pechar a súa carreira en 2004, xogando como defensa central nas filas do Boiro.[11]

Palmarés editar

Leganés

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Manolo Bugallo se sentiría feliz si su presencia fuese un revulsivo para el equipo". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 18 de novembro de 1990. p. 54. 
  2. "El Tótem denuncia actuaciones incorrectas del Arosa". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 9 de outubro de 1981. p. 36. 
  3. "El Arosa rechaza las acusaciones del «Tótem»". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 20 de outubro de 1981. p. 44. 
  4. 4,0 4,1 "Salieron un día de Galicia y su sueño es triunfar en el Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1984. p. 43. 
  5. "La huelga de la AFE del 84 y los amateurs que vivieron su gran día en la élite (y no regresaron)" (en castelán). 26 de setembro de 2018. Consultado o 7 de abril de 2023. 
  6. 6,0 6,1 "El vilagarciano Bugallo, cedido por el Real Madrid, nuevo jugador del Arosa". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 9 de xuño de 1987. p. 45. 
  7. "La junta directiva del Arosa, de acuerdo con el jugador, decidió dar la baja a Lisi". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 22 de marzo de 1990. p. 46. 
  8. "Bugallo fichó por el Cacereño". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 7 de xullo de 1991. p. 58. 
  9. "Manolo Bugallo fichó por el Mosteiro, y Núñez cuenta con escasas posibilidades de seguir". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 30 de xullo de 1994. p. 44. 
  10. "Bugallo es la principal novedad en un Céltiga cuyo objetivo volverá a ser la permanencia". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 1 de xullo de 1999. p. 56. 
  11. "Bugallo, nuevo central para Raúl Nieto". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 25 de xullo de 2003. p. 6.