Manuel Brañas Abad

político español

Manuel Brañas Abad, nado en Aranga en 1950 e finado o 2 de maio de 2011, foi un político galego do PPdeG.

Manuel Brañas Abad
Nacemento1950
Lugar de nacementoAranga
Falecemento2 de maio de 2011
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Labrego de profesión e concelleiro polo Partido Popular de Galicia en Aranga, en xuño de 2002 accedeu á cadeira municipal tralo falecemento do anterior alcalde, José Mosquera Maceiras o 26 de maio. Nas municipais de 2003 encabezou de lista do PPdeG, e acadou a vitoria (57%), aínda que perdeu tres concelleiros fronte ao seu predecesor. Nas municipais de 2007 conseguiu revalidar a maioría absoluta co 48% dos votos, se ben cedeu un concelleiro.

En 2008 a fiscalía iniciou unha investigación por presunta prevaricación[1], ao recualificárense 320.000 metros cadrados no lugar de Montesalgueiro para que o empresario José Collazo promovese un polígono industrial. O acordo entre o concello e o empresario provocou fortes protestas veciñais [2].

Faleceu pouco antes da celebración das municipais de 2011 nas que volvía ser candidato, sendo substituído polo tenente de alcalde Alberto Platas[3].


Predecesor:
José Mosquera Maceiras
  
Alcalde de Aranga
 
2002 - 2011
Sucesor:
Alberto Platas

Vida persoalEditar

Estaba casado.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar