Manuel Allo Allo
sacerdote galego
Manuel Allo Allo, nado en Freixeiro o 8 de setembro de 1933 e finado na Coruña o 2 de xullo de 2013, foi un sacerdote católico latino galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1933 Freixeiro, España |
Morte | 2 de xullo de 2013 (79 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | Freixeiro |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica latina |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito canónico pola Universidade de Navarra,[1] foi ordenado sacerdote o 6 de abril de 1957.[1][2] Foi coadxutor das parroquias de San Pedro de Mezonzo e de Santa Lucía,[1] e en 1966 fundou a parroquia de Nosa Señora de Fátima, da que foi o primeiro párroco até o seu pasamento.[1] Como párroco foi o creador da confraría de Nosa Señora das Angustias.[1][3][4]
Finou o 2 de xullo de 2013, con 79 anos.[1][5] O seu funeral foi celebrado polo arcebispo Julián Barrio na parroquia o 3 de xullo,[1] e foi enterrado na súa parroquia natal.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Fallece el cura Manuel Allo, fundador de la parroquia de Fátima". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de xullo de 2013. Consultado o 2/11/2018.
- ↑ "Cariñoso homenaje a los sacerdotes más veteranos de la Archidiócesis". El Correo Gallego (en castelán). 11 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2018. Consultado o 3/11/2018.
- ↑ "José Díaz César: «No hace falta ser creyente para disfrutar de la estética de un paso»". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 2017. Consultado o 2/11/2018.
- ↑ García, Rodri (3 de febreiro de 2008). "Fátima busca costaleros para su nuevo paso". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2/11/2018.
- ↑ "Lembramos e oramos...". Presbiterio: Boletín de la Delegación para el Clero del Arzobispado de Santiago (55): 4. Xuño de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Echevarría, José María (4 de xullo de 2013). "La eficacia silenciosa de un sacerdote". La Opinión A Coruña. Consultado o 2/11/2018.