Coordenadas: 34°35′31.39″S 58°40′45.88″O / -34.5920528, -58.6794111

A Mansión Seré, tamén chamada Quinta de Seré ou Atila foi un centro clandestino de detención (CCD), durante a última ditadura Arxentina (1976-1983).

Historia editar

Era unha casa antiga situada na Rúa Blas Parera no límite entre as localidades de Castelar e Ituzaingó, Partido de Morón, Provincia de Buenos Aires.

En 1868, o inmigrante vasco francés Jean Seré adquiriu 56 hectáreas nos arredores de Morón. Alí construíu a Quinta Seré, onde se dedicou á cría de cabalos de polo e actividades de gandería. Ao morrer Jean, en 1893, os campos foron divididos entre tres dos seus fillos. En 1900, a súa filla Leocadia, herdeira da parcela lindante co partido de Ituzaingó, e o seu marido Santiago Capdepont encargaron ao arquitecto Juan Bernardo Seré, irmán de Leocadia, a construción da Mansión, un palacete de estilo francés de dúas plantas con materiais importados de Europa. A beleza do edificio víase favorecida pola paisaxe rural que a rodeaba.

En 1928, Leocadia adquiriu terreos lindantes alcanzando as 11 hectáreas. Por eses anos fixéronse os primeiros loteos, dando orixe ao Barrio Seré.

Por razóns non establecidas, a Mansión foi vendida ao Municipio da Cidade de Buenos Aires en 1949, por unha suma próxima aos tres millóns de pesos (chamados "pesos moeda nacional"). Logo da caída de Perón, a propiedade foi virtualmente abandonada ata 1966.

Durante a presidencia de facto de Juan Carlos Onganía en 1966, o lugar foi habilitado como Casino de Oficiais da VII Brigada Aérea de Morón, iniciándose así, a presenza militar na zona. Tras o golpe de 1976, entre 1977 e 1978, o lugar funcionou como centro clandestino de detención baixo a xurisdición da Forza Aérea con asistencia da Policía Bonaerense de Castelar. Na xerga dos represores era coñecido como "Atila" ou "La Mansión".

A pesar dos estritos controis e vixilancia a que estaban sometidos os prisioneiros aloxados no casarón, unha fuga foi posible e con iso o principio do fin para este Centro Clandestino de Detención. O 24 de marzo de 1978, en coincidencia co segundo aniversario do golpe militar, Claudio Tamburrini, Daniel Rusomano, Guillermo Fernández e Carlos García lograron evadirse descolgándose espidos e esposados desde unha fiestra do primeiro piso. Estes feitos son recreados na película Crónica de una fuga, do director de cine Adrián Caetano do ano 2006 [1] .

En 1985, xa en democracia, durante a xestión de goberno do Intendente de Morón Néstor García Silva, a Municipalidade de Buenos Aires, cedeu o predio mediante comodato por dez anos á Municipalidade de Morón, para que fose destinado a levantar un centro deportivo e recreativo. Segundo os impulsores do proxecto buscábase con isto "crear vida donde existió muerte".

Actualmente estanse realizando traballos de escavación.

O lugar na actualidade editar

A partir do ano 2000, funciona a Casa de la Memoria y la Vida y la Dirección de Derechos Humanos. É o primeiro e único caso en Latinoamérica de recuperación para a memoria histórica dun espazo destas características. O primeiro centro clandestino de detención e torturas que se converte nun lugar de rescate da memoria, de acción para modificar o presente e de proxección para construír un futuro distinto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  1. "de una fuga"". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 26 de novembro de 2007.