Manolo Chinato
Manuel Muñoz Sánchez, nado en Puerto de Béjar, Salamanca, o 31 de decembro de 1952,[1] máis coñecido como Manolo Chinato, é un poeta español natural do sur de Salamanca, aínda que afirma sentirse estremeño.[2] A súa poesía trata principalmente temas bucólicos, sentimentais e sociais e parte dela foi publicada no libro Amor, rebeldía, libertad y sangre.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1952 (71 anos) Puerto de Béjar, España (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables
| |
É coñecido por colaborar con grupos de rock como Extremoduro, Platero y Tú, Inconscientes, La Fuga ou Marea.[1]
Traxectoria
editarPoesía Básica
editarExtrechinato y Tú foi un proxecto co que Robe Iniesta, vocalista, guitarrista e líder de Extremoduro, quixo homenaxear a Chinato gravando un disco cos seus poemas musicados. A relación entre ambos remóntase a 1989, de feito, a letra de «Ama, ama, ama y ensancha el alma», do disco Deltoya, está inspirada nuns versos de Chinato. El mesmo recítaos na gravación de estudo e en case todas as xiras. Desta relación, e da admiración que o propio Robe sente polo poeta, xorde a idea de gravar un disco coas poesías de Manolo.
O proxecto, ideado en 1996 durante a xira do disco Agila de Extremoduro, viu a luz en 2001, titulado Poesía básica, e chegou a disco de ouro uns meses despois. Contou coa colaboración de Iñaki "Uoho" Antón, daquela guitarrista de Extremoduro e Platero y Tú; e Fito Cabrales, vocalista e guitarrista, por entón, de Fito & Fitipaldis e Platero y Tú.
Amais das súas respectivas guitarras, Uoho gravou o baixo dos temas e produciu o conxunto. Fito compartiu as voces con Robe e achegou tres composicións propias. Para a gravación contouse tamén con membros de Extremoduro e Platero y Tú (José Ignacio Cantera e Jesús García Castilla, respectivamente, quen compartiron batería) e tamén de Fito & Fitipaldis (José Alberto Batiz á guitarra, Javier Alzola ao saxo e Gino Pavone en percusión), así como músicos do ámbito dos grupos.
O álbum ten 9 temas de rock melódico e elaborado, cunha identidade distinta da das bandas implicadas e fortemente marcada polos versos do poeta. Estes son recitados por el mesmo (aínda que no tema "Tres Puertas" é Robe quen recita) e cantados principalmente por Robe e Fito. O disco péchase con «Manolillo Chinato», no que as gravacións do poeta recitando cada letra do disco se superpoñen en catro voces simultáneas. Este tema inclúese como despedida do proxecto. Os participantes negaron en reiteradas ocasións unha posíbel continuidade en posteriores discos.
Poucos meses despois da publicación do álbum, Platero y Tú separábanse. Fito e Uoho dedicaríanse aos seus propios grupos. Chinato ficou na esfera de Extremoduro en colaboracións posteriores. En 2006, Uoho creou un novo grupo, Inconscientes, xunto a outros membros de Extremoduro. Na xira de presentación deste, Manolo Chinato colaborou nos concertos como convidado. Unhas veces ofrecía un recital previo ao concerto, e outras interpretaba coa banda temas de Poesía básica.
Obra literaria
editar- Amor, rebeldía, libertad y sangre. Artes Gráficas Bretón, S.L. (2003). ISBN 978-8494544095
- Poeta no quise ser. Desacorde Ediciones (2017). ISBN 9788461763184
Obra musical
editar- Poesía básica DRO (2001)
Colaboracións
editar- Ama, ama, ama y ensancha el alma - Versión 2004 (Extremoduro) - 2004.
- Como los trileros (Marea) - 2004.
- Redentor (Azido Sulfúrico) - 2006.
- Corazón de kinki (Aztor Sekundario) - 2007.
- La ciudad de los vampiros (Kaxta) - 2009.
- Hasta tus pies (Los Doxa) - 2012
- Estiércol en la almohada (Los Doxa) - 2012
- Pájaros de hierro (La Dama y Los Vagabundos) - 2013.
- Asuntos Pendientes (Escandallo) - 2015
- Bailando Salsa (Gálibo) - 2009
- La Gota (Ovi Díaz) - 2016
- Herrador (Proxecto Rock en las Aulas) - 2016. Ver videoclip
- El rock de las Aulas (Proxecto Rock en las Aulas) - 2018. Ver videoclip
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Álvarez, Israel (1 de maio de 2009). "‘A la sombra de mi sombra’ de Manolo Chinato". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ Alonso de la Torre, J.R. (12 de novembro de 2007). "Manolillo Chinato, el ganadero poeta". hoy.es (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web dedicada ao poeta Manolillo Chinato e ás súas aprotacións artísticas Arquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)