Manny Fontenla-Novoa

Manny Fontenla-Novoa, antes Manuel Fontenla Novoa, nado o 13 de maio de 1954 en Cuntis, é un empresario galego residente no Reino Unido.

Modelo:BiografíaManny Fontenla-Novoa
Biografía
Nacemento13 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Cuntis, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

En 1964 emigrou coa familia ao Reino Unido, onde comezou a traballar por debaixo da idade legal, primeiro na hostelaría, logo no sector da banca e finalmente na empresa Thomas Cook, unha firma de turismo grosista. Despois traballou para unha empresa de touroperadores e logo creou a súa primeira empresa no sector, chamada Sunworld. Grazas ao éxito, vendeulle en 1996 esa nova firma ao Thomas Cook Group, onde dende 2003 ocupa cargos de máximo nivel directivo. Na actualidade exerce o posto de conselleiro delegado da compañía.

Distincións

editar

Foi recoñecido como empresario do ano en 2007 polo xornal escocés Evening Telegraph.

Vida persoal

editar

Vive en Northamptonshire. Está casado e ten catro fillos.