Manguito rotador
Manguito de rotadores | |
---|---|
Gray's | pág. |
O manguito rotador é un grupo de músculos do membro superior que mantén unido o úmero á escápula.
FunciónsEditar
O manguito de rotadores son importantes na estabilidade e mobilidade da articulación glenoumeral. Estes músculos insírense na escápula e se dirixen cara o úmero. Deste xeito manteñen a cabeza umeral unida á cavidade glenoide da escápula.
Durante a abdución do brazo, o manguito de rotadores comprime a articulación glenoumeral, para que o músculo deltoide poida elevar o brazo. Sen a actuación deste grupo, a articulación sería moito máis luxable e permitiría menos movementos.
Músculos do manguitoEditar
Son en total catro músculos.
Músculo supraespiñalEditar
- Artigo principal: Músculo supraespiñal.
O supraespiñal insírese na fosa supraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Abduce o brazo. Está innervado polo nervio supraescapular.
Músculo infraespiñalEditar
- Artigo principal: Músculo infraespiñal.
O infraespiñal insírese na fosa infraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Realiza a rotación externa do brazo. Está innervado polo nervio supraescapular.
Músculo redondo menorEditar
- Artigo principal: Músculo redondo menor.
O redondo menor insírese no bordo axilar da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce, ao igual que o infraespiñal, a rotación externa do brazo. Está innervado polo nervio axilar.
Músculo subescapularEditar
- Artigo principal: Músculo subescapular.
O subescapular insírese na fosa subescapular da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce a rotación interna do brazo. Está innervado polo nervio subescapular superior e inferior.
GaleríaEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.