Mamma
(Redirección desde «Mammatus»)
A mamma ou mammatus é un trazo suplementario das nubes, consistente en protuberancias case simétricas pendentes da superficie inferior dunha nube que toman o apecto de mamas. Débense a un proceso convectivo, pero en sentido inverso, ao existir unha zona máis fresca e húmida na parte superior da nube que descende e aire relativamente quente por embaixo dela que ascende.
Adoitan estar presentes sobre todo no xénero cumulonimbus, aínda que nalgunhas ocasións poden aparecer noutros xéneros.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.