Mamede Casanova

bandido galego de comezos do século XX

Mamede Casanova, coñecido como Toribio de Mañón, nado nas Grañas do Sor (Mañón) en 1883, foi un dos bandidos galegos máis coñecidos de comezos do século XX.

Modelo:BiografíaMamede Casanova
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor en Wikidata
As Grañas do Sor, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbandidaxe Editar o valor en Wikidata

BUSC: casanova-mamed-1883-1940

Traxectoria

editar

Ferreiro nas Grañas do Sor. En novembro de 1900 asaltou, con outras persoas, a Casa reitoral da Graña. A intención era asustar ao cura mais tamén levaron os cartos que atoparon na casa. O crego escapou pero morreu a súa criada. Despois desa noite Casanova foi acusado de asasinato.[1] Foi persequido pola Garda Civil pola comarca de Ortigueira. Tres anos de continuos apresamentos, fugas e asaltos que fixeron del unha figura case lendaria.

As lendas falan de que tiña:

"forza capaz de romper os grilletes, capacidade para quitalos, destreza para espirse e vestirse cos ferros postos, habilidades de xente para gañarse en pouco tempo a simpatía dos seus compañeiros de prisión e promover un disturbio que sería favorable para el, intelixencia para buscar e atopar axuda misteriosa entre as persoas fóra do cárcere que veñen axudalo nas súas fuxidas, disimulo e dominio fóra do normal"[2]

En 1903 intentou fugarse do cárcere da Coruña e foi trasladado ao castelo de Santo Antón. O delincuente galego, responsable da morte de dous curas, das feridas duns gardas civís así como de roubos, violacións e incendios, rompeu cadeas e grilletes e forzou portas grazas a súa capacidade física.[2] Cumpriu condena en Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes e Figueras e logo de ser indultado o 28 de novembro de 1928, saíu en liberdade o 6 de decembro de 1928.[3][4]

  1. "O bandido galego de máis sona do século XX". radiofusion.gal. Consultado o 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Mamed Casanova, el temible bandido gallego que se creyó su leyenda". abc.es. Consultado o 2024. 
  3. El Eco de Santiago, 7-12-1928, p. 2.
  4. El Emigrado, 16-12-1928, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.