Maldición da novena sinfonía

A maldición da novena sinfonía é unha superstición segundo a cal calquera compositor de sinfonías, a partir de Ludwig van Beethoven, morrería pouco tempo despois de escribir a súa novena sinfonía.

Exemplos e contraexemplos editar

Os casos máis notorios que avalan esta crenza de mal agoiro son os de compositores como Franz Schubert, Antonín Dvořák, Anton Bruckner, Gustav Mahler e mais o británico Ralph Vaughan Williams.

Non obstante, o fundamento desta superstición é feble, posto que a listaxe de contraexemplos é marcadamente máis longa: Andrzej Panufnik (con 10, e de incluír dúas sinfonías perdidas serían 12), Hans Werner Henze (10, a novena sinfonía era de feito unha coral), Eduard Tubin (10, finou escribindo a undécima), William Schuman (10), Alun Hoddinott (10), David Diamond (11), Edmund Rubbra (11, a novena foi coral), Robert Simpson (11), Heitor Villa-Lobos e Darius Milhaud (con 12 cadaquén), Vagn Holmboe (13), Roy Harris (13), Glenn Branca (14), Gloria Coates (15), Rued Langgaard (16 máis un bo número de sinfonía corais), Henry Cowell (17), Allan Pettersson (17), Lev Knipper (20), Jānis Ivanovs (21), Moisei Vainberg (22), Nikolai Myaskovsky (27), Havergal Brian (32), Alan Hovhaness (67), e Leif Segerstam (230).