Makea Karika George Pa

Makea Karika George Pa, nado o 1 de agosto de 1893 en Avarua e finado o 5 de maio de 1949, foi un ariki da dinastía Makea Karika Ariki da triboTeauotonga nas Illas Cook.

Infotaula de personaMakea Karika George Pa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1893 Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1949 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónTereora College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

George Pa era o fillo primoxénito da ariki Makea Karika Takau Tuaraupoko Mokoroa ki Aitu, estudou na escola da Sociedade Misioneira de Londres de Avarua. En 1915 casou con Ngapoko Wilson, desa unión naceron once fillos. En 1916 comezou a traballar na compañía neozelandesa Union Steam Ship e pouco despois integrou o corpo expedicionario neozelandés da ANZAC, ascendido a sarxento, participou con outros 500 rarotonganos na New Zealand Rarotongan Company que participou na toma de Xerusalén aos otománs, obtivo en febreiro de 1918 a Medalla á Conduta Distinguida por valentía demostrada e devoción ao deber, converténdose George Pa no único habitante das Illas Cook en ser distinguido durante a primeira guerra mundial.[1] En 1919 volveu a Rarotonga, enfermo de tubercolose, dedicouse ao cultivo das súas terras familiares e foi un membro destacado da Igrexa da Sociedade Misioneira de Londres, actual Igrexa Cristiá das Illas Cook, durante a segunda guerra mundial foi membro das Forzas de Defensa Local. En 1942 sucedeu á súa nai como ariki, converténdose igualmente en membro do Consello Insular de Rarotonga, a súa filla Makea Karika Takau Margaret Ariki, sucedeulle á súa morte en 1949.

Notas editar

Fontes editar

  • Scott, D. Years of the pooh-bah. Rarotonga, 1991.
  • Fairfax, Denis. 'Karika, Pa George 1893 - 1949'. Dictionary of New Zealand Biography, actualizado o 1 de setembro de 2010.