Makarius Hadad[1] (en árabe: مكاريوس حداد), nado en Damasco (Imperio Otomán) en 1810 e finado o 29 de xullo de 1888, foi un relixioso melquita, synkellos do patriarca para Damasco entre 1852 e 1876.

Infotaula de personaMakarius Hadad
Biografía
Nacemento1810 Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1888 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Bispo auxiliar
1852 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1852–1876), sacerdote católico (1838–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMaximos III Mazloum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Damasco en 1810.[2] Aos 18 anos, en 1828, entrou na Orde Basiliana do Santísimo Salvador, e en 1838 foi ordenado sacerdote.[2] Logo de ser ordenado, dedicouse a ensinar Teoloxía.

En 1852 foi nomeado synkellos do patriarca para Damasco,[3] e consagrado bispo o 30 de setembro de 1852 polo patriarca Máximo III Madlum.[2][4] Durante o seu goberno estivo ausente por dúas ocasións: na primeira delas (1857-1858) o seu substituto foi Filibus Abdu, e na segunda (1866-1875) Ambrusius Abdu.[3] En 1862 estivo en España: hai mencións da súa presenza en Cabra, como parte dunha xira maior por Europa para recadar cartos para reedificar templos no seu país.[5] En 1876 renunciou ao cargo para dedicarse exclusivamente á vida relixiosa. Finou o 29 de xullo de 1888.[2]

Notas editar

  1. Tamén Macaire, Macario, Maccario, Macarius, Macarios, Makarios e Haddad, Hadad.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Nouvelles religieuses". Revue des Églises d'Orient. II (1888-1890) (9): 144. setembro de 1888. Damas. - Est mort récemment à Damas Mgr Macarios Haddad. Il était né à Damas en 1810. A dix-huit ans il entra dans l'ordre des Basiliens à Saint-Sauveur, où il se distingua et par ses vertus et par sa doctrine. Ordonné prêtre à vingt-huit ans, il enseigna la théologie jusqu'en 1852, où il fut consacré évêque par le patriarche Mgr Maximos Mazloum qui le fit son vicaire général. Il conserva cette dignité jusqu'en 1876 où il donna sa donna sa démission, pour ne s'occuper plus que de Dieu et de son salut éternel. Il mourut le dimanche 29 juillet [...] 
  3. 3,0 3,1 "Siège patriarcal d'Antioche - Damas". Patriarcat - Grec Melkite Catholique (en francés). 21 de novembro de 2011. Consultado o 16/11/2018. Quand Maximos III Mazloum reçu en 1838 la charge des trois patriarcats d’Antioche, d’Alexandrie et de Jérusalem, il se fit aider dans chacun de ces trois patriarcats par des vicaires patriarcaux. Ceux de Damas étaient généralement évêques. En voici la liste: [...] 1852-1876 Macaire Haddad (évêque). Remplaçants en son absence : P. Philippe Abdo, 1857-1858 ; P. Ambroise Abdo, 1866-1875 
  4. La gerarchia cattolica e la famiglia pontificia per l'anno 1872 (en italiano). Roma. 1872. p. 246. Maccario Haddad, di r. Greco-Melchita, Vescovo Sincello del Patriarca Greco-Melchita, cons. 30 sett. 1852. 
  5. Moreno Hurtado, Antonio (2021). El convento de agustinas recoletas de Cabra. p. 297.