Maite Cancelo
economista e política galega
María Teresa Cancelo Márquez, coñecida como Maite Cancelo, nada en Barcelona o 30 de setembro de 1966, é unha economista e política galega do PPdG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1966 (57 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | economista , política |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Doutora en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de Economía Aplicada na USC. Foi decana da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela (2007-2010). Foi directora xeral do Centro de Empresas e Innovación de Galicia. Foi concelleira en Santiago de Compostela en 2014 en substitución de Ángel Currás Fernández.[1] Foi candidata do PPdeG nas autonómicas de 2012 e o 22 de decembro de 2015 tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia para substituír a Marisol Piñeiro[2].