Mairena del Aljarafe

Mairena del Aljarafe é unha localidade andaluza, localizada na provincia de Sevilla. No ano 2008 contaba con 39.831 habitantes. A súa extensión superficial é de 17 km² e ten unha densidade de 2.250,34 hab/km².

Mairena del Aljarafe
Bandera de Mairena del Aljarafe (Sevilla).svg
Escudo de Mairena del Aljarafe (Sevilla) 2.svg
Mairena del Aljarafe (3).jpg
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaSevilla
ComarcaAljarafe
Xeografía
Altitude85 msnm
Superficie17,70 km²
Demografía
Poboación46.555 hab. (2020)
Densidade2.568,98 hab./km²
Xentiliciomairenero, -a
Outros datos
Código postal41927
www.mairenadelaljarafe.es
Mairena del Aljarafe (2019)

XeografíaEditar

As súas coordenadas xeográficas son 37º 20' N, 6º 04' O. Atópase situada a unha altitude de 85 metros e a 9 km da capital de provincia, Sevilla.

Pertence á área metropolitana de Sevilla situada no Aljarafe sevillano, de carácter residencial e cun dos máis modernos parques industriais de Andalucía, o Parque Industrial e de Servizos Aljarafe (PISA).

Conta con vivendas de calidade media e barrios residenciais como Ciudad Aljarafe e Ciudad Expo e algunhas urbanizacións con perfís socioeconómicos alto como Simón Verde, o que a converten nun grande atractivo para a poboación da veciña capital. O principal problema, presente en toda a área metropolitana, segue sendo a escasa rede viaria para acceder tanto á capital como a outras poboacións da contorna. Unha próxima liña de metro con saída na urbanización Ciudad Expo comunicaraa en poucos minutos cos barrios sevillanos dos Remedios, Puerta Jerez e Nervión, podendo dar orixe a unha nova engalaxe desta zona.

O 20 de novembro de 2006 abriuse o centro comercial Metromar.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar